Audioguías Emocionais

Museo de Belas Artes da Coruña

 

Audioguías Emocionais

Audioguías emocionais é un proxecto que xurde da colaboración entre o Museo de Belas Artes da Coruña e o IES Menéndez Pidal. Desde fai uns anos a profesora Ana López Formoso imparte a asignatura Introducción á Historia da Arte entre a aula e o museo.

Durante o curso 2020 – 2021 houbo que repensar as dinámicas de traballo por mor da crise sanitaria. Este é o contexto no que xurdiron estas audioguías emocionais. Partindo dun cadro da colección do museo, o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha locución subxectiva do que lle suxería cada obra.

Agora todos e todas podedes escoitar estas narracións ao tempo que contemplades os cadros no museo.