Festa galega

FERNANDO ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

1875-1960
009026 – Festa galega.
Óleo sobre lenzo | 132 x 151cm
1917

Fernando Álvarez de Sotomayor foi un dos artistas galegos e españois máis importantes do seu tempo. Director do Museo do Prado e da Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, así como Académico de honra da Academia Galega, recibe numerosos galardóns ao longo da súa vida, cultivando fama e renome.

O cadro que observamos titulado Festa galega enfróntanos a unha das facetas máis importantes da súa produción artística: o rexionalismo galego. Tras varias viaxes por Europa onde descobre a pintura flamenca e holandesa e unha bolsa que lle permite estudar en Roma durante catro anos, volve a Galicia con motivo da voda do seu irmán, redescubrindo as súas romarías, procesións, festas e vestimentas, que lle lembran aos seus anos de infancia antes de mudarse a Madrid tras a morte do seu pai. A partir de entón, sentirá unha forte atracción por Galicia que lle levará a converterse no máximo expoñente da pintura rexionalista galega, onde plasmará unha idealiza visión ao gusto dun costumismo romántico, próximo ás premisas académicas de Madrid, e enfrontado ao rexionalismo crítico, en ocasións dramático, usado por Castelao como ferramenta de denuncia.

Como é habitual na súa pintura costumista, Sotomayor realiza diferentes versións da mesma representación e/o personaxe, aínda que con lixeiras modificacións. Neste caso, a escena central dos danzantes xa aparecía reproducida de maneira practicamente exacta, aínda que máis abocetada, en Foliada, un óleo sobre papel co formato dun país para un abanico, realizado en 1907, a única peza destas características que se coñece do autor.

Audioguía

Festa galega | 009026 - Fernando Álvarez de Sotomayor