A farola
A partir de 1900, Sorolla dedícase intensamente a cultivar o xénero da paisaxe, buscando panorámicas do norte, que abordou con máis liberdade e un método de execución rápido e certeiro, resolvendo un lenzo medio nunha ou dúas sesións. Precisamente en busca destas panorámicas, o xa famoso pintor, trasládase coa súa familia para pasar as vacacións en Galicia no verán dese mesmo ano. Con esa intención, viaxan a Vigo e Baiona (Pontevedra), coa idea de pasar tres meses alí para pintar a pintoresca costa, escenas de romaría e sobre todo a praia. Baiona contaba con casa de baños na praia da Concheira e recibía “veraneantes” de Vigo e madrileños. O pintor alugou unha casiña como albergue fronte ao mar.
A pesar de que a súa estancia foi breve, xa que o 8 de xullo tivo que saír precipitadamente para acudir a unha homenaxe a Valencia, tivo tempo de realizar polo menos dúas paisaxes, un dos cales é esta pequena táboa.