Unha galega

JOAQUÍN SOROLLA BASTIDA

1119 – Unha galega.
Vilagarcía de Arousa, 15 de xullo – 7 de setembro de 1915
Óleo sobre lenzo | 125,5 x 105cm
Madrid, Museo Sorolla

No verán de 1915, en concreto o 15 de xullo, Sorolla trasládase a Galicia e instálase en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), onde pinta entre xullo e setembro o panel titulado A romaría. O pintor non elixiu esta localidade ao azar, senón por recomendación do seu amigo José María Fenollera, pintor residente en Santiago, por tratarse dun destino popular e gozar de fermosas paisaxes.

Mentres que o seu lugar de residencia fixouno nunha casa da zona de O Castro, na rúa Xeral Pardiñas, o espazo elixido para establecer o seu estudo foi a leira de Don Antolín J. García en Vista Alegre, que hoxe forma parte do recinto do colexio filipense Sacra Familia, e aínda conserva retrincos da paisaxe plasmada por Sorolla. Para a súa realización, encargou ao carpinteiro Eleuterio Vega un tablado, unha estada e un toldo para soster e protexer o enorme panel. Durante esa estancia o pintor estableceu unha grande amizade con Eleuterio, ata o punto de contratar como aprendiz ao seu fillo Manuel.

Durante esta estancia en Vilagarcía, localidade da que non se moveu nos dous meses en que permaneceu en Galicia, atoparía infinidade de modelos entre as xentes da contorna, ata o punto de poder identificar a algúns dos personaxes reflectidos no lenzo, e que tamén plasmaría nos poucos retratos independentes que realizou de forma paralela, como é o caso desta “galega”, que reflicte a unha nova ataviada coa indumentaria popular e engalánase con ese colgante, unha xoia tradicional, cuxo orixinal se garda no Museo Sorolla.

Audioguía

Unha galega | 1119 - Joaquín Sorolla Bastida