Sala IV
A catedral de Saint Jaques le Mineur, Lieja
JENARO PÉREZ VILLAAMIL
Ferrol, 1807 – Madrid, 18545447 – A catedral de Saint Jaques le Mineur, Lieja1846. ÓLEO/LENZO
Jenaro Jenaro Pérez Villaamil nace en Ferrol en 1807, pero xa de mozo trasládase a Madrid para cursar estudos literarios en San Isidoro o Real. Durante a invasión dos fillos de San Luís en 1823, que buscaba restaurar o antigo réxime derrocando ao Goberno liberal que defendía os ideais da constitución de 1812, Vilaamil toma parte na contenda polo bando liberal. Ferido e feito prisioneiro trasládano a Cadiz, onde asiste ás clases da Academia local, perfeccionando os seus dotes artísticos ata 1830. Tres anos máis tarde aséntase en Sevilla, fervedoiro artístico por aquel entón e punto de encontro para viaxeiros, onde coñece a David Roberts, pintor escocés presidente da Sociedade de Artistas Británicos, que lle instrúe nos ideais románticos, aos que permanecerá fiel durante toda a súa vida.

Tras o declive dos valores neoclásicos mírase cara a unha idade media idealizada e espiritual, en busca de inspiración. Fronte á estabilidade e mesura propias do neclasicismo, o romanticismo desata o dramatismo e a predilección polo exótico, en busca de mover animicamente ao espectador.
A obra que vemos, titulada A catedral de Saint Jacques le Mineur, é froito da estancia de Villaamil en Lovaina, Bélxica, entre 1842 e 1844, nun época na que o artista galego percorre as cortes europeas. A pintura responde os ideais románticos, representando o interior dunha igrexa gótica idealizada e monumental, enxalzando o espazo relixioso que acolle a un grupo de fieis disperso nun interior cargado de espiritualidade, onde os xogos de luces e sombras creados polas vidreiras asolagan o cadro.
Nun alarde técnico, o pintor alterna zonas de luz onde predomina a linea, fronte a zonas en sombra, asolagadas de reflexos onde será a cor o que constrúa o óleo. Jenaro Perez Villaamil morre prematuramente en 1854, aos corenta e sete anos, cando comezaban a decaer os ideais da paisaxe romántica.