Sala VI

Figuras con mazás

MANUEL COLMEIRO

Silleda, 1901 – Salvaterra de Miño, 1999
5220 – Figuras con mazás
C.1965 – C.1975. ÓLEO/LENZO

Manuel Colmeiro nace en Silleda. De neno transládase coa familia a Buenos Aires, cidade na que se iniciou no debuxo e na pintura. En 1928 regresa a Galicia onde a súa evolución irá paralela á “estética do granito” que desenvolveron artistas como Laxeiro, na procura dunha arte autóctona para Galicia.

Manuel Colmeiro nace en Silleda. De neno transládase coa familia a Buenos Aires, cidade na que se iniciou no debuxo e na pintura. En 1928 regresa a Galicia onde a súa evolución irá paralela á “estética do granito” que desenvolveron artistas como Laxeiro, na procura dunha arte autóctona para Galicia.

O estoupido da guerra civil supuxo o exilio que estivo acompañado dun cambio na súa concepción da pintura. Colmeiro instálase, primeiro en Buenos Aires onde desenvolve a súa faceta de pintor e muralista, e logo en París (1949) cidade dende a cal periodicamente volta a Galicia. Na capital francesa estuda a luz, o que significou un cambio pictórico. As súas obras expresan unha rica luminosidade que se orixina pola influenza do postimpresionismo de Cezánne e do exaltado cromatismo que lembra aos fauves.

En Figuras con mazás, o artista reflicte o mundo rural e agrícola. O pintor asocia o xénero do bodegón á figura feminina como protagonista indiscutible. Mulleres de aparencia voluminosa, sólida e compacta que semellan actitude solemne, hierática e concentrada no seu labor. O bodegón do primeiro plano presenta mazás como natureza morta. Na produción artística de Colmeiro este tipo de bodegón é bastante frecuente, asi como a presenza de anacos de pan.

Prescindindo de elementos anecdóticos, como o trazo das facianas ou os detalles da roupaxe, o artista fusiona dúas das súas concepcións da pintura: a abstracción dos fondos e a perdurabilidade xeométrica e táctil da figuración.

A paleta de cor está dominada polo rosa carmín, o azul noite, o cobalto e o verde.

Audioguía

Figuras con mazás | 5220 - Manuel Colmeiro

4797 – Muller con rodete | Luis Seoane

4940 – Tenda | Carlos Maside