Sala IV
Serra de Guadarrama
OVIDIO MURGUÍA
Lestrove (A Coruña), 1871 – A Coruña, 19000062 -Serra de Guadarrama1898. ÓLEO/LENZODEPÓSITO. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Ovidio Murguía de Castro nace en Lestrove, A Coruña, en 1871. Fillo de Manuel Murguía e Rosalía de Castro, comeza a súa formación no ámbito familiar, tutelado pola súa nai e a súa irmá Alejandra, que lle introducen na técnica do debuxo e a acuarela. A súa curta formación académica leva a cabo en Santiago de Compostela en 1887, cando se matricula na Sociedade Económica de Amigos do País, perfeccionando a técnica de debuxo baixo a dirección de Jose María Fenollera, con quen adquire tamén coñecementos básicos da técnica do óleo.

Fenollera, comprometido co movemento rexionalista, adoutrina a Ovidio nas ideas do realismo naturalista, que pretende reflectir a “verdade” da natureza retratada, introducindo ao novo Ovidio en ideas preimpresionistas derivadas da escola de Barbizón. Ovidio Murguía tamén se verá influenciado por Carlos de Haes, pintor destacado da segunda metade do s.XIX, promotor do traballo ao natural e abanderado en España dunha estética naturalista puxante en todo Europa tanto no ámbito pictórico como no literario co movemento naturalista de Emile Zola, cuxa máxima representante en España será Emilia Pardo Bazán.
A obra que estamos a ver, titulada “A Serra do Guadarra”, pintada en 1898 en Madrid, representa unha paisaxe de alta montaña dividido en dous planos, un situado en primeiro termo empastado con tonalidades terrosas e avermelladas, e un segundo plano situado ao fondo onde predominan os violetas e azuis que contrastan dramaticamente cos brancos dos cumes nevados. Este uso do violeta era moi habitual na pintura e as descricións literarias do momento e atopa a súa orixe nas paisaxes que Velázquez colocaba no fondo dos seus retratos.
Murguía permítenos percibir a monumentalidad da serra do Guadarrama nunha atmosfera silenciosa e solitaria. Por último, destacar que Ovidio Murguía de Castro formou parte da chamada Xeración Doente, termo acuñado por Felipe Bello Piñeiro, en relación a un grupo de artistas formado por Jenaro Carrero, Parada Justel e Joaquín Vaamonde, distinguidos polas súas prematuras mortes debidas á tuberculose. Ovidio Murguía de Castro falecerá á temperá idade de 29 anos na Coruña, en 1900.