Sala VI

Marcha fúnebre por unha campesiña

EUGENIO GRANELL

A Coruña, 1912 – Madrid, 2001
4939 – Marcha fúnebre por unha campesiña
1947. ÓLEO/TÁBOA

Eugenio Eugenio Granell vivíu parte da súa infancia e mocidade en Compostela. Nos anos trinta do s. XX transládase a Madrid involucrándose en asociacións de carácter republicano. En 1939 exíliase, primeiro na República Domincana onde comeza a pintar, e logo, en Guatemala e Puerto Rico. En 1956 transládase a New York onde exerceu como profesor de literatura española no Brooklyn College ata a súa xubilación en 1985 cando volta definitivamente a España.

A súa tese doutoral presentada en 1967 co título O Guernica de Picasso. O final dunha era española, supuxo a grande influenza que exerceu nel o artista malagueño.

Marcha fúnebre por unha campesiña é anterior a 1949, ano do encontro de Granell con André Bretón, pai do Manifesto surrealista, na visita deste á República Dominicana. Este feito confirma que Granell xa viña desenvolvendo a tendenza alegórica bastante antes de coñecer o surrealismo: “Nacín surrealista; de neno debuxaba arquitectura e castelos fantásticos e cando coñecín aos surrealistas souben que eu xa fixera aquilo antes”.

A composición desta obra estrutúrase en tres rexistros horizontais, con cores planas e brillantes. Na banda inferior, aparece o corpo inerte dunha muller labrega; na central, a fanfarria que acompaña o cortexo funerario; na superior, a alegoría da barbarie humana aparece representada a través de símbolos surrealistas: o culto á máquina (canóns) e a loita entre o despropósito (touro) e o pobo indefenso (cabalo).

As figuras e os obxectos derivan do cubismo expresado con distorsión, o canon alongado, o valor do oco e a xeometrización das formas, que se presentan estáticas, nun escenario cerimonial no que as figuras se recortan de maneira caligráfica e se opoñen á horizontalidad dos tres rexistros de cor.

Audioguía

Marcha fúnebre por unha campesiña | 4939 - Eugenio Granell