Sala V

En San Juan de Jornes

FERNANDO ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

Ferrol, 1875 – Madrid, 1960
6425 – En San Juan de Jornes
1946-1950. ÓLEO/LENZO SOBRE TABLEX
DEPÓSITO. MUSEO NACIONAL DEL PRADO

FernandoFernando Álvarez de Sotomayor foi un dos artistas galegos e españois máis importantes do seu tempo. Director do Museo do Prado e da Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, así como Académico de honra da Academia Galega, recibe numerosos galardóns ao longo da súa vida, cultivando fama e renome.

FernandoFernando Álvarez de Sotomayor foi un dos artistas galegos e españois máis importantes do seu tempo. Director do Museo do Prado e da Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, así como Académico de honra da Academia Galega, recibe numerosos galardóns ao longo da súa vida, cultivando fama e renome.

O cadro que observamos titulado En San Juan de Jornes enfróntanos a unha das facetas máis importantes da súa produción artística: o rexionalismo galego. Tras varias viaxes por Europa onde descobre a pintura flamenca e holandesa e unha bolsa que lle permite estudar en Roma durante catro anos, volve a Galicia con motivo da voda o seu irmán, re-descubrindo as súas romarías, procesións, festas e vestimentas, que lle lembran aos seus anos de infancia antes de mudarse a Madrid tras a morte do seu pai.

A partir de entón, sentirá unha forte atracción por Galicia que lle levará a converterse no máximo expoñente da pintura rexionalista galega, onde plasmará unha idealiza visión ao gusto dun costumismo romántico próximo ás premisas académicas de Madrid, enfrontado ao rexionalismo crítico, en ocasións dramático, usado por Castelao como ferramenta de denuncia.

É importante contextualizar a Sotomayor en relación á xeración do 98. Tras a perda das colonias de Ultramar, prodúcese en España un crise reflexiva e estética que leva, unha escura reflexión sobre o país que debía rexenerarse desde a centralidade dos campos de Castela. Ideas materializadas no lenzo titulado Os avós, premio nacional de pintura en 1906, situado nesta sala, na que os personaxes, de rostros sucados por fondas engurras, respiran nun atmosfera castelá dominada por un profundo silencio.

Fronte a esta visión castiza prevalece unha lírica representación de Galicia, máis iluminada e repleta de coloridos tipos populares, na que a muller pasa a converterse nun tema principal. Este é o caso do cadro de San Juan de Jornes, onde Sotomayor preséntanos unha muller de tez branca, coas fazulas coloreadas polo fresco aire galego, representada sólidamente sobre un fondo realizado cunha pincelada máis solta onde destacan os contrastes de luz e a sombra.

Audioguía

En San Juan de Jornes | 6425 - Fernado Álvarez de Sotomayor