Sala V

Espido

GERMÁN TAIBO

A Coruña, 1889 – Paris, 1919
0246 – Espido
1917. ÓLEO/LENZO
DEPÓSITO. ANTONIO RODRÍGUEZ PASTOR

Germán Taibo González nace na Coruña o 27 de Xaneiro de 1889 pero a súa familia trasládase a Arxentina sendo el moi nova. En Bos Aires, tras demostrar os seus dotes artísticos, comeza a súa formación académica na Escola de Belas Artes da capital, será entón cando coñeza a unha dama parisiense que reside en Arxentina, cuxo nomee non conservamos, que decide financiar os estudos do novo Taibo na prestixiosa Academia Julian de París. Unha entidade privada, fundada en 1860 polo pintor Rodolphe Julian, que contaba con profesores de renome afíns a un sistema de ensino que apostaba pola liberdade expresiva dos seus estudantes, entre os que podemos atopar a Marcel Duchamp, Matisse, Eduard Manet, ou Claud Monet.

Taibo completa a súa formación con constantes visitas aos museos da cidade onde entra en contacto coas tendencias impresionistas, que calarán profundamente na súa obra. Germán Taibo González falecerá en París en 1918 de gripe, apenas cumpridos os trinta anos.

A súa obra, repleta de paisaxes e espidos, está moi influenciada por formulacións impresionistas, nun momento no que o movemento está consolidado e goza da aceptación popular.

O cadro que estamos a ver, pintado en 1914 cando Germán Taibo tiña 25 anos, mostra a técnica fluída e segura do pintor, na que os modos postimpresionistas tradúcense no tratamento da luz, xurdida dunha pincelada empastada. O corpo, pintado en difícil escorzo, sitúase sobre un fondo elaborado, composto por teas de cores e un gran abanico aberto de estética oriental, posible eco da corrente orientalizante de metade de século XIX, que lonxe de quitarlle protagonismo á figura, expón unha relación fluída con ela por medio da cor, facendo que o corpo da muller destaque e relaciónese co fondo.

Taibo realizará ao longo da súa estancia parisiense dúas viaxes á Coruña, un en 1908 e outro, antes da súa morte, en 1918, chegando algunhas das súas obras para ser adquiridas polo concello da cidade.

Audioguía

Espido | 0246 - Germán Taibo