Sala II

A caida de Ícaro

JACOB PETER GOWY

C.1615 – C.1661
6269 – A caida de Ícaro
C.1636-1637. ÓLEO/LENZO

Jacob Peter Gowy (ca.1615- ca.1661) foi un pintor flamenco que exerceu a partir de 1636, como mestre do gremio de San Lucas en Anveres, onde permaneceu ata a súa morte, vivindo os seus últimos anos como cura da igrexa de San Walburgis. Gowy realizou, por encargo de Rubens, dous lenzos mitológicos para o proxecto da Torre da Parada de Madrid: Hipómenes e Atalanta, e o que aquí comentamos, A caída de Ícaro .

Aínda que Rubens deseñara nos seus bosquexos todas as obras do ciclo mitolóxico, Peter Gowy modifica neste lenzo a composición inicial, ao introducir unha praia na que aparecen Dédalo e Ícaro transportando as ás antes de escapar do seu peche. Estes episodios mitológicos, baseados nas Metamorfoses de Ovidio, son escenas puramente narrativas de gran dramatismo, expostas en termos anti-heroicos, ao representarse o momento no que os impulsos humanos conducen á traxedia do protagonista.

A escena narra o momento culminante da lenda de Dédalo > e o seu fillo Ícaro. Cada nove anos Atenas debía mandar un grupo de mozos para ser encerrados no labirinto do minotauro. Un deles foi Teseo, principie de Atenas, do que a princesa de Creta, Ariadne, namórase profundamente. Ante o tráxico destino que lle espera ao príncipe, Ariadne pide axuda a Dédalo, que construíra o labirinto que encerraba ao monstro. Dédalo, apiadándose de Ariadne, revélalle como escapar a salvo. Teseo debía entrar no labirinto agarrando un extremo dun fío que lle permitiría atopar o camiño de volta tras derrotar ao minotauro.

Minos, rei de Creta, coñecedor da traizón de Dédalo, apresa ao arquitecto e ao seu fillo Ícaro como castigo pola súa deslealdade. Pero Dédalo, durante o seu peche, constrúe unhas ás con cera de abella e plumas de pomba, coas que conseguen escapar. O cadro representa o momento no que Ícaro, desatendendo o consello do seu pai, achégase demasiado ao sol, derritiendo as cera das súas ás e precipitándose ao mar. Conta a lenda que no lugar no que caeu xurdiu unha illa, chamada Icaria, en honra ao mozo Ícaro.

Audioguía

A caida de Ícaro | 6269 - Jacob Peter Gowy