Sala II

Gabinete do coleccionista

FRANS FRANCKEN II

Anveres, 1581 – 1642
0286 – Gabinete do coleccionista
C.1630. ÓLEO/TÁBOA

Frans Francken II (Anveres 1581-1642) ingresou en 1605 no Gremio de Pintores de San Lucas. Especializouse en obras de gabinete e é considerado como o creador da categoría pictórica Colección de arte.

Frans Francken II (Anveres 1581-1642) ingresou en 1605 no Gremio de Pintores de San Lucas. Especializouse en obras de gabinete e é considerado como o creador da categoría pictórica Colección de arte.

Estas pinturas testemuñan o interese artístico xurdido en Anveres, tras as destrucións iconoclastas de finais do século XVI levadas a cabo polos movementos protestantes. Comezan como representacións alegóricas das artes pero, a medida que avanza o século XVII, recrean coleccións de particulares.

O feito de que neste cadro estean recolleitos elementos de todo tipo, como cunchas ou animais, é indicativo dunha cronoloxía próxima a principios do século XVII, xa que a medida que avanza o século atopámonos unha clasificación racional das coleccións, que comezan un proceso de especialización, diferenciando as coleccións artísticas das coleccións científicas, onde se recollían tanto instrumentos técnicos como marabillas da natureza. Desta forma déixanse atrás os chamados Gabinetes do coleccionista, que era como se nomeaban aquelas coleccións nas que se recollía todo tipo de obxectos valiosos ou raros.

Esta obra é un encomio á pintura e os sentidos asociados a ela, representados por dous afeccionados á arte: un sinalando un cadro (vista), e o outro sinalando unhas manxares situadas encima da mesa (gusto).

Audioguía

Gabinete do coleccionista | 0286 - Frans Francken II