Sala V

Costas galegas

FRANCISCO LLORÉNS

A Coruña, 1874 – Madrid, 1948
4903 – Costas galegas
1917. ÓLEO/LENZO

Francisco Llorens Díaz nace na Coruña en 1874. Por afinidade familiar inicia a carreira de Comercio pero, debido á súa inclinación polas artes, matricúlase na Escola de Artes e Oficios da Coruña, na materia impartida por Román Navarro. A pesar de que nunca abandó os seus estudos de comercio, a súa vocación artística lévalle a realizar, desde 1892, constantes viaxes a Madrid, onde asiste ás clases de Carlos de Haes, na Escola de Belas Artes de San Fernando e realiza frecuentes visitas ao Museo do Prado para estudar aos grandes mestres. Será nestes momentos cando ingrese no estudo de Joaquín Sorolla, virtuoso pintor valenciano do que asumirá a paixón pola luz.

Tras uns anos entre A Coruña e Madrid, en 1900 outórganlle un bolsa que lle permitirá estudar catro anos en Roma, momento que aproveita para percorrer Europa e entrar en contato coas principais correntes artísticas do momento. Tras a súa volta A Coruña, en 1907, traba amistade con Emilia Pardo Bazán relacionandose cos intelectuais galegos da súa contorna. En 1914, consegue unha praza como profesor de Debuxo e Califgrafía en Madrid, onde permanerá durante os cursos académicos, residindo os veráns en Galicia, ata a súa morte en 1948.

A obra que estamos a ver foi pintada en 1917, durante un dos seus veráns na Coruña, nos que Lloréns pinta incansablemente paisaxes costeiras de Galicia. O cadro, titulado Costas Galegas pero tamén coñecido como a enseada de Canaval, representa un espazo próximo ao faro de Mera, preto de onde adoitaba veranear o pintor xunto coa súa familia. Esta obra, de pincelada pequena e estudada, realízase desde un punto de vista alto, o que nos permite ver unha ampla panorámica da paisaxe, no que se intensifica a sensación de profundidade ao interpoñer uns piñeiros do primeiro termo. A imaxe, imbuída da subxectividade do pintor, parte dunha pasaixe real sobre o que se aplican variacións para conseguir os efectos desexados. A obra organízase en planos sucesivos que, a medida que se desenvolven, varian no seu tratamento lumínico, o que permite xerar unha atmosfera tranquila bañada por unha luz propia de Galicia.

Audioguía

Costas galegas | 4903 - Francisco Lloréns