Sala II
Ordenación e primeira misa de San Juan de Mata
VICENTE CARDUCHO
Florencia, C.1576 – Madrid, 16386264 – Ordenación e primeira misa de San Juan de Mata1632-1634. ÓLEO/LENZO
Vicente Carducho nace en Florencia cara ao 1576, pero desenvolverá a maior parte da súa fecunda carreira para a corte de madrileña. Con oito anos de idade, se muda ao Escorial xunto co seu irmán, contratado por Felipe III para traballar na decoración do Escorial. En 1607, tras a morte do seu irmán, é nomeado a ocupar a súa praza como pintor do rei, desenvolvendo o seu traballo na corte xunto a Velazquez, ata a súa morte en Madrid en 1638.

Os seus personaxes, sempre moderados, son vestidos con hábitos repletos de calidades e brillos próximos ao estilo veneciano. A paixón de Carducho polo detalle secundario é habitual na súa produción, aquí presente no encartado da alfombra do primeiro plano, alarde pictórico e mostra da súa enorme calidade. A composición, xurdida de liñas sinxelas e claras a pesar da súa complexidade, é froito do dominio do espazo pictórico que ten o mestre florentino que, xunto coa súa gran capacidade narrativa, reparte o cadro en dous grandes planos. O primeiro, onde se desenvolve a acción principal, e un segundo plano de gran protagonismo, onde se mostra a visión que o santo Juan de Mata ten durante a súa primeira misa e que dá orixe á Orde dos Trinitarios.
Visión
A visión é protagonizada por un anxo que porta unha cruz vermella e azul, símbolo da Orde, liberando a dous escravos: un cristián e outro musulmán. Tras un período de exilio en Cerfroid, un bosque próximo a París, reflexionando sobre a súa visión e o labor que debía levar a cabo, Juan de Mata resolve en formar, xunto con Felix Valois, a Orde da Santísima Trindade e dos Cativos, destinada ao socorro daqueles que sufrían baixo o xugo da catividade. Chegaron mesmo a ser coñecidos entre os musulmáns por dedicarse á misericordia.
A xesta máis coñecida da orde foi a mediación para a liberación de literato español Miguel de Cervantes. A orde os Trinitarios foi unha das principais ordenes tanto española como Europea durante a baixa Idade Media.