Foro
Xigante
FRANCISCO LEIRO
Cambados, 19575181 – Xigante1980. MADERA DE CARBALLO (TINGUIDO DE BETÚN DE XUDEA)
Franciso Leiro nace en Cambados, Pontevedra, en 1957. Creceu nun ambiente ligado ao traballo en madeira grazas a que o seu avó materno tiña nun taller de ebanistería, onde realiza tanto mobles como algunhas tallas para igrexas da comarca, o que permite ao artista familiarizarse desde moi novo co traballo en madeira, material privilexiado na súa produción. Leiro é principalmente autodidacta, a súa curta formación académica repártese entre a Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela (1974-1975) e a escola de San Fernando de Madrid (1976).

A estancia en Santiago é aproveitada tamén para integrarse dentro do grupo Foga, de corte surrealista e realizar a súa primeira exposición individual na súa terra natal. A súa obra toma protagonismo dentro do panorama artístico español en 1983, coa última exposición que organiza o grupo Atlántica no Pazo de Xelmirez de Santiago, tras a cal se inclúe entre os artistas da Galería Montenegro de Madrid, que levará a súa obra á por aquel entón incipiente feira ARCO. En 1988, trasládase a Nova York, onde abre un estudo en Manhattan que compaxina con estancias no seu estudo de Cambados.
A obra que aquí podemos ver titulada Xigante, realízase en 1980, co que poderiamos enmarcala dentro da súa produción temperá, na que os ecos dun surrealismo amortecido estampan o seu sinal, caracterizada pola liberdade creativa onde a figura humana, con trazos humorístico, realízase en esaxeradas poses influenciadas polo mundo da ilustración, creando unha narrativa baseada no relato breve. Neste caso, o xigante, realizado nun peza de carballo ciclópea, cruza os seus brazos sobre o peito cravando a súa vista na fronte mentres parece esbozar un sorriso, nun xesto de gran forza expresiva.
A madeira adquire gran protagonismo ao mostrarse as marcas realizadas polas ferramentas, memoria do traballo artístico, nunha sorte de estética do inacabado característica dentro da súa produción. Franciso Leiro é un dos artistas galegos máis importantes no panorama actual. A súa obra parece axuntar con naturalidade a tradición e a vangarda artística, desde unha nítida poética galega vinculada coas formulacións do Grupo Atlántica, que buscaban renovar as artes plásticas en relación coa identidade cultural de Galicia.