Sala V

Avoa e netos

FERNANDO ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR

Ferrol, 1875 – Madrid, 1960
6443 – Avoa e netos
1916. ÓLEO/LENZO
DEPÓSITO. MUSEO NACIONAL DEL PRADO

Fernando Álvarez de Sotomayor nace en Ferrol en 1875, pero tras a prematura morte do seu pai, sendo Sotomayor un neno, a familia trasládase a Madrid. A súa carreira, repleta de éxitos, traduce a importancia que este pintor tivo no seu momento.

Fernando Fernando Álvarez de Sotomayor nace en Ferrol en 1875, pero tras a prematura morte do seu pai, sendo Sotomayor un neno, a familia trasládase a Madrid. A súa carreira, repleta de éxitos, traduce a importancia que este pintor tivo no seu momento.

A súa obra podería agruparse en dúas grandes seccións: o regionalismo galego e o seu face retratista, que representa a maior parte da súa produción. Sotomayor é considerado como un dos mellores retratistas da súa xeración.

Na obra que estamos vento titulada Avoa e netos, represéntase á nai do pintor Asunción Zaragoza e Nuñez de Pindo lendo, rodeada de seis dos fillos que o pintor tivo con Pilar de Castro. A obra, asolagada pola luz, resólvese con pincelada solta e empastada que derrama vitalismo e claridade sobre as roupas dos fillos, opostas ao sobrio e escuro vestido da Avoa, que centra a escena. A luminosidade e familiaridade que emana do cadro de Avoa e Netos, contraponse ao retrato titulado O Académico D. Ángel del Castillo, situado preto desta obra. Este retrato, pintado en 1937 momento no que Sotomayor residía na Coruña, representa a Ángel del Castillo director do Museo de Belas Artes da cidade entre 1922 e 1935, con frac negro e a medalla da academia, lendo nun ambiente sobrio.

Ángel del Castillo realizou o difícil labor de recollida de obras de arte e organización da colección do museo durante os primeiros pasos da entidade cando non contaba con espazo museístico, sendo Sotomayor o que habilita parte do Edificio do Consulado do Mar como primeira sede para o museo e asume o cargo de director durante un curto período de tempo, antes de reingresar como director do museo do Prado de Madrid en 1939.

Sotomayor tamén destacou polos seus retratos aristocráticos. Á súa volta a España tras a súa etapa en Chile (1908-1915) foi nomeado pintor da corte de Alfonso XIII, realizando máis de media doce de retratos do monarca, e pintando ademais a boa parte da nobreza e aristocracia española do momento. Exemplo diso podémolo ver nesta sala co retrato de María Teresa Losada e González de Villaz, Marquesa de Zarreal, realizado en 1917, nun momento no que os artistas miran ao pasado para superar o academicismo, Sotomayor expón este lenzo con claras chiscadelas á pintura Goyesca.

Audioguía

Avoa e netos | 6443 - Fernando Álvarez de Sotomayor