Sala Vi

Fuengirola

JOSE MANUEL DE LABRA

A Coruña, 1925 – Palma de Mallorca, 1994
4952 – Fuengirola
1958. ÓLEO/TÁBOA

Coruñés Coruñés de nacemento, José María de Labra e Suazo estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Compaxinou a figuración postcubista coa abstracción. En 1953 aparece no artista unha vertente máis experimental, de síntese xeométrica co constructivismo intuitivo que o leva a trazar elementos plásticos depurados cun rigor lineal e cromático. Algunhas das súas obras introducen técnicas e materiais novos, como retículas de corda ou metal, varas de madeira….

Fuengirola supón o seu paso cara ao “forzal”, conceto que se refire á interacción da forma e da forza, así como á relación dialéctica entre idea e imaxe que Labra ideará en 1959. Nesta obra, o pintor utiliza unha serie de formas de liñas rectas e curvas en cor branca, negra, malva e gris, dispostas en dous rexistros horizontais: o superior, en cores máis escuras e o inferior, máis claras. A figura xeométrica aparece con ou sen volume en múltiples variacións, achegándose á arte cinética no espazo interno e cunha paleta case que monocromática, recurso que o artista utiliza para provocar a sensación consciente no espectador. A xeometría preséntase tamén como ferramenta simbólica, punto de partida para chegar ao purismo xeométrico como elemento catalizador da expresión, característica moi presente en obras posteriores.

Audioguía

Fuengirola | 4952 - Jose Manuel de Labra