Sala IV
Porto da Coruña
JUAN MARTÍNEZ ABADES
Xixón, 1862 – Madrid, 19205337 – Porto da Coruña1896. ÓLEO/LENZO
Juan Martínez Abades (Xixón, 1862 – Madrid 1920) comeza os seus estudos académicos no Instituto Jovellanos de Xixón, demostrando extraordinarios dotes para o debuxo. En 1880, trasládase a Madrid para ingresar na Escola de Belas artes de San Fernando e continuar coa súa formación artística. Oito anos despois, a deputación de Oviedo concédelle unha pensión que lle permitirá marcharse a Roma, onde permanecerá dous anos, tras os cales se asenta a Madrid ata a súa morte en 1920.

Durante a súa estancia en Madrid, fará constantes viaxes á súa terra natal para pintar ao natural, especializándose en Mariñas, tema que desenvolverá ao longo da súa vida e no que cultivará grandes éxitos.
A obra que estamos a ver, titulada Porto da Coruña, é unha das oito que se presentaron para a Exposición Nacional de 1897. Esta mariña da cidade da Coruña, de formato apaisado e partida por unha linea de horizonte que divide o lenzo á metade, como é habitual na produción do pintor xixonés, é un bo exemplo de por que as súas mariñas foron tan demandadas. Os seus extraordinarios dotes para o debuxo quedan patenes no cadro así como o maxistral manexo da cor que mostra á hora de pintar o mar coruñés, repleto de brillos, sombras e reflexos, froito dun rico cromatismo produto dos seus estudos ao natural.
Neste cadro, realizado en 1896, podemos ver á esquerda a antiga muralla da cidade flanqueando o xardín de San Carlos e a dereita, a fortaleza do Castelo de San Antón, cuxa historia se remonta a unha pequena capela, dedicada a San Antón, construída a finais da idade media. Usada como lazareto por aquel entón, no s.XVI reconvértese en fortaleza, protexendo á cidade de varios ataques, pasando despois a usarse como prisión no século XIX para, finalmente, a medidos do s.XX, unirse á cidade por medio dunha pasarela artificial e converterse na sede do Museo Arqueolóxico Municipal.