Sala III
Fernando de Borbón Parma
GIUSEPPE BALDRIGHI
Pavía, 1723 – Parma, 18030264 – Fernando de Borbón ParmaC.1770-1780. ÓLEO/LENZO
Guiseppe Baldrighi nace na localidade de Stradella, Pavía, ao norte de Italia, en 1723. Comeza a súa formación artística en Florencia xunto a Vicento Meucci, pero será en Parma onde desenvolva a maior parte da súa carreira. Debido aos seus dotes como pintor, a corte borbónica de Parma decide envialo a París en 1752, para formarse nas tendencias estilísticas máis influentes de Europa, xa que será París, e non Roma, quen marque a tendencia para seguir nestes momentos. Tras a súa volta a Parma en 1756, Guiseppe Baldrighi convértese no primeiro pintor da corte, destacándose no ámbito do retrato cortesán. Falece en Parma en 1803.

Esta obra representa a Fernando I, Duque de Parma entre 1765 e 1802. Neto do rei Felipe V, primeiro rei Borbón de España tras a guerra de sucesión contra a dinastía dos Austrias. Contraeu matrimonio con María Amalia de Austria, quen asume un peso importante no goberno do ducado. O retrato de influencia rococó, estilo que Baldrighi aprende en París, representa ao Duque de Parma con vestimenta cortesá, luvas e perruca empolvada, símbolos da clase social aristócrata. O uso das perrucas comezou en Francia durante o mandato do rei Sol e foi moi popular en Europa durante o transcurso do século XVIII.
O retrato fai fincapé na condición militar do Duque, representado con coraza e en actitude de mando, acompañado duns soldados e unha peza de artillería, lucindo o emblema da Orde do Toisón de Ouro. Esta Orde, que chega ata os nosos días, é considerada a orde de cabalería máis importante de Occidente. Atopamos a súa orixe no Ducado de Borgoña no século XV pero estendeuse, por medio da coroa española, a todas as cortes europeas. Os cabaleiros que pertencían a ela, debían ser nobres e demostrar lealdade ao duque soberano, ao que xuraban prestar axuda en caso de necesidade.