Sala VI
Muller con rodete
LUIS SEOANE
Buenos Aires, 1910 – A Coruña, 19794797 – Muller con rodete1959. ÓLEO/LENZO
Luis Seoane é un dos artistas máis innovadores e polifacéticos da xeración de Os novos u Os renovadores . Partindo da concepción gráfica da estampa, chegou a crear unha figuración esquemática propia, plasmada claramente nesta obra de madurez.
Luis Seoane é un dos artistas máis innovadores e polifacéticos da xeración de Os novos u Os renovadores > . Partindo da concepción gráfica da estampa, chegou a crear unha figuración esquemática propia, plasmada claramente nesta obra de madurez.
Exiliado en Buenos Aires, traballou no sector editorial e das artes gráficas. Desenvolveu a súa produción pictórica moi influenzado pola eclosión do gravado e da estampa en Arxentina ao longo dos anos corenta e cincuenta do século XX.
A súa viaxe por Europa entre 1951 e 1952 provocou nel un cambio estilístico, influenzado polo cubismo. Seoane comeza a dividir a composición en dous planos estruturais: a síntese do volume (utiliza a liña incisiva e ancha) e o uso de cores brillantes de máxima pureza (vermellos, verdes, azuis e amarelos).
A súa iconografía lembra motivos de formas prehistóricas e medievais de Galicia, a imaxinería celta, as formas románicas e góticas e as vidrieiras. Chama especialmente a atención o tratamento da figura feminina convertida en icono rotunda, simbólica, identificada con Galicia, a terra da súa infancia. Son mulleres labregas que esperan a volta dos seus, ou mulleres urbanas, modernas, como Muller con rodete, que se presenta sentada, co seu brazo dereito caído e o esquerdo sobre o colo. Obra da súa etapa de madureza, está realizada en ocres, marróns, añiles, grises e azuis. Supón a procura da simplificación formal e compositiva, con total independenza da liña respecto da cor.
Nesta tea, presenta un sentido máis orgánico da liña, deixando a xeometrización para as masas de cor do fondo, que axudan a recompoñer o sentido da figura na translación do xeometrico cara ao orgánico.
Audioguía

4940 – Tenda | Carlos Maside

5220 – Figuras con mazás | Manuel Colmeiro