Sala VI

Tenda

CARLOS MASIDE

Pontecesures, 1897 – Santiago de Compostela, 1958
4940 – Tenda
1929. ÓLEO/TÁBOA

Carlos Maside pertenceu á vangarda artística galega, ao denominado grupo Os novos u Os renovadores . Iniciado como ilustrador no eido das artes gráficas, tivo como mestre artístico e ideolóxico ao intelectual Castelao. Ademais de gravador, Maside foi pintor e muralista, tendo como referente aos mexicanos Sigueiros, Orozco e Rivera.

Carlos Maside pertenceu á vangarda artística galega, ao denominado grupo Os novos u Os renovadores > . Iniciado como ilustrador no eido das artes gráficas, tivo como mestre artístico e ideolóxico ao intelectual Castelao. Ademais de gravador, Maside foi pintor e muralista, tendo como referente aos mexicanos Sigueiros, Orozco e Rivera.

A súa obra ofrece unha narrative arredor da cultura popular aínda que tamen tratou o xénero paisaxístico urbano e rural, ademais do retrato. Escribíu ensaios sobre o realismo dentro de xéneros relativamente temperas como en “En torno a la fotografía popular”. que é un ensaio sobre o impacto e o desenvolvemento da fotografía de época como ferramenta artístisca, que o pintor concibe máis aló da simple toma fotográfica: a psique ou a alma do retratado.

En 1926 viaxou a París grazas á concesión dunha bolsa de estudos, o que lle permitíu coñecer aos vangardistas europeos e as obras de Gaugin e Cézanne. Influenzado pola súa estadía na cidade da luz e pola arte da estampa xaponesa, Maside fragmentou o espazo pictórico en varias zonas de cor, como no seu oleo Tenda, obra clave da pintura renovadora galega cuxa temática de feira popular reflicte a cultura de entreguerras absorbendo a estética expresionista alemá por influxo de George Grosz ou de Otto Dix.

O óleo parte dunha composición diagonal ateigada, de forte cromatismo. Concibido como sucesión de pequenos, vibrantes e xeométricos planos de cor, algún dos cales aparece enmarcado con liña negra. A súa técnica expresa unha evolución no pintor, xa que translada ao óleo a técnica da estampación xilográfica. Con esta obra, Maside participou na Exposición Internacional de Barcelona de 1929 xunto outros artistas españois, expoñendo en distintas cidades norteamericanas entre 1931 e 1932.

A partires de 1947 mantivo unha fluída correspondencia con Luis Seoane, a quen Maside ve como o maior expoñente da vangarda galega.

Audioguía

Tenda | 4940 - Carlos Maside

4797 – Muller con rodete | Luis Seoane

5220 – Figuras con mazás | Manuel Colmeiro