Sala V

A dama do papagaio

XESÚS CORREDOIRA

Lugo, 1889 – Santiago de Compostela, 1939
5292 – A dama do papagaio
1926. ÓLEO/LENZO
LEGADO TESTAMENTARIO. Mª JOSEFA FERNÁNDEZ SANMAMED

Xesús Corredoira nace en 1889 en Lugo, no seo dunha Familia Fidalga da que recibe unha sólida formación relixiosa. En 1903 recibe unha bolsa da Deputación de Lugo para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Completa a súa formación académica no taller de Cecilio Plá e despois no de Joaquín Sorolla, onde permanecerá ata 1909, cando dá por concluída a súa formación.

Xesús Corredoira nace en 1889 en Lugo, no seo dunha Familia Fidalga da que recibe unha sólida formación relixiosa. En 1903 recibe unha bolsa da Deputación de Lugo para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Completa a súa formación académica no taller de Cecilio Plá e despois no de Joaquín Sorolla, onde permanecerá ata 1909, cando dá por concluída a súa formación.

Tras un primeiro momento marcado pola tendencia luminista de Sorolla, Corredoyra afástase desta estética para adoptar un acusado estilo persoal, de tendencia simbolista, cuxo inicio coincide cunha estancia na residencia familiar de Os Laureiros, marcada polo recollemento e un forte misticismo relixioso. Tras a cal, en 1916, se muda a Santiago de Compostela, onde retratará á burguesía compostelá realizando, ademais, unha serie de viaxes por Europa.

En 1921, por recomendación de Sotomayor, viaxará a América, expoñendo e percorrendo Sudamérica, para máis tarde fincarse en Nova York e Washington onde, debido á súa amizade co embaixador de España en Estados unidos, relaciónase coa burguesía americana, á que fai varios retratos. O cadro que estamos a ver titulado A dama do papagaio, pertence a este momento. Falecerá en Santiago de Compostela en 1939.

A obra de Xesús Corredoyra evoca a Valle-Inclan e ao Greco, aproximándose a pintores españois como Julio Romero de Torres ou Zuloaga, pero cun marcado estilo persoal, orientándose cara a un forte lirismo espiritual influenciado pola corrente simbolista, nun momento no que os artistas madrileños miran ao pasado para superar o academicismo imperante.

Corredoyra escurece a paleta, destacando aos personaxes sobre un fondo escuro, case teatral, no que, como podemos ver, colócanse as figuras, definidas por característicos rostros ovalados de grandes ollos almendrados, nun claro eco ao Greco. O pintor lucense móstranos á muller mergullada nos seus pensamentos, cabizbaja sostendo un papagaio. Corredoyra percibe a figura feminina desde a atracción e o perigo, fuxindo da muller sedutora e provocadora para propoñernos unha figura idealizada e mística.

Audioguía

A dama do papagaio | 5292 - Xesús Corredoira