Sala VI

Rosalía

ALBERTO DATAS PANERO

A Coruña, 1935 – Madrid, 2007
6377 – Rosalía
1993. ÓLEO/TÁBOA

Nado na Coruña, inicia os seus estudos na Escola de Artes e Oficios da cidade herculina. En 1956 marcha a Madrid a estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando, ampliando estudos en Venecia e Roma.

Nado na Coruña, inicia os seus estudos na Escola de Artes e Oficios da cidade herculina. En 1956 marcha a Madrid a estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando, ampliando estudos en Venecia e Roma.

O seu comezo estilístico remóntase á pintura figurativa, que abandona na súa madureza cara aos anos oitenta, para volcarse nunha eclosión vitalista. Ao longo deste tempo, o artista participa como referente da xeración Atlántica. Nese momento, a súa produción derivará cara á abstración orgánica de Kandisky, a xestualidade e o automatismo do dripping de Jackson Pollock, a estética do feísmo (Dubuffet) e o gusto polo garabato (grupo CoBRA). Os seus óleos, de grande format, establecen a procura do artista por plasmar o pensamento e os soños, retomando referenzas de Roberto Matta.

Rosalía é unha obra de madureza na cal intensifica o expresionismo en relación con etapas anteriores. Neste lenzo, a abstración convive coas suxerenzas figurativas expresadas a través das facianas e corpos delimitados pola sinuosidade dos trazos brancos e negros superpostos cun fondo indefinido de cores e manchas. Son estruturas simbólicas, unha especie de mosaico desordenado de anacos nos que o ser humano fusiónase indisolublemente co medio. Deste xeito o artista volve diferenzar o lineal do cromático, algo que xa utilizara nos anos setenta, para acentuar agora a ambivalencia entre figuración e abstración. Á súa vez, Datas exalta o ritmo como potencia vital, orixinaria, que desborda o dominio sensorial.

A técnica compositiva confórmase mediante un magma de manchas alongadas, de actitude expresionista e xestual que, segundo Simón Marchán, no caso dos brancos semellan terse lanzado contra o lenzo indefenso, advertíndose pegadas do goteo ou do uso de manchas xustapostas e contrapostas. No seu proceso creativo, o artista recorre ao automatismo como método de traballo e a cor adquire especial protagonismo, agudizado polo dramatismo do contraste entre brancos e negros salpicados de marelos, negros e azuis.

Audioguía

Rosalía | 6377 - Alberto Datas Panadero