Sala IV

Retrato de Don Juan Nepomuceno Jaspe Montoto

DIONISIO FIERROS

Asturias, 1827 – Madrid, 1894
2947 – Retrato de Juan Nepomuceno Jaspe Montoto
1857. ÓLEO/LENZO

Dionisio Fierros nace en Ballota, Asturias, no seo dunha familia humilde. Aos 14 anos márchase para traballar como mordomo en casa do Marqués de de SanAdriá , que pronto descobre os dotes do novo para a pintura, e decide envialo a Madrid, ao taller de José Madrazo en 1842, para que aprenda o oficio. Tras dous anos de estudo, Fierros trasládase ao taller de Federico Madrazo, fillo de José Madrazo, que acaba de chegar dun período de formación por Europa, e que levará a cabo unha renovación estética en España como abanderado da arte romántico, dominando o panorama artístico madrileño durante os anos centrais do século XIX.

Tras esta etapa de formación decide, en 1855, instalarse en Santiago de Compostela, onde revolucionará o panorama artístico da cidade ao traballar sobre a temática costumista, moi pouco habitual neses momentos, así como por introducir as novidades estéticas de Federico Madrazo. Nestes momentos recibe un gran número de encargos, entre os que podemos atopar os retratos de Juan Nepomuceno Jaspe Montoto e a súa muller, Carmen Moscoso de Altamira, pais do pintor Antonio Jaspe Moscoso.

Dona Carmen Moscoso de Altamira > pertencía a un das liñaxes máis antigas da nobreza galega. O seu retrato, mostra as características típicas do retrato de Dionisio Ferros ao representarse desde un debuxo definido, cunha parte do rostro iluminada oposta a outra en sombra, un delicado tratamento das mans e un estudo psicolóxico do personaxe desde a expresividade do seu rostro. Doutra banda, Juan Nepomuceno Jaspe Montoto, represéntase contra un balcón con cortinaje, apoiado sobre unha pequena mesa na que repousa o seu chapeu, sobre o cal descansa con desdén a man do aristócrata, nun actitude sofisticada, debedora do retrato de Federico Madrazo e representativa da figura do Dandi, común entra a sociedade romántica do momento.

Por último destacar que Dionisio Ferros non se limita a reproducir a individualidade do retratado, senón que transcende ao individuo para plasmar os gustos dunha época.

Audioguía

Retrato de Don Juan Nepomuceno Jaspe Montoto | 2947 - Dionisio Fierros