Foro
Espido con peixe
CRISTINO MALLO
Tui, 1905 -Madrid, 19894896 – Espido con peixe1933. MÁRMORE BRANCO
Cristino Mallo naceu en Tui en 1905 pero debido ao traballo do seu pai, funcionario de aduanas, non permaneceu moito tempo en Galicia. A súa formación académica aínda que comeza en Avilés, consolídase a partir de 1923 na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde tivo como profesores a Romero de Torres e Moreno, entre outros. Anos difíciles onde atopou traballo realizando maquetas de arquitectura grazas ao contacto cos arquitectos Luís Lacasa, Sanchez Arcas e Agustín Aguirre.

Tras unha breve estancia como profesor na escola de Artes e Oficios de Salamanca, concluída xa a guerra civil, aséntase definitivamente en Madrid, onde comeza a introducirse no ambiente artístico e intelectual asentindo aos faladoiros e integrándose na chamada Academia Breve, fundada por Eugenio D’Ors, nun momento no que a postguerra facíase notar, e eran moi poucas as exposicións que levaban a cabo.
A Cristino Mallo descríbeselle como un home parco en palabras, rutineiro, traballador silencioso e humilde moi querido polos seus contertulianos, entre os que podemos destacar a Camilo José Cela, ou Fernando Chueca Goitica. Falece en Madrid en 1989. A obra que estamos a ver titulada “Espido con peixe”, foi Premio Nacional de Escultura en 1933, e define ben o estilo dun escultor que sempre se mantivo fiel a unhas máximas que rexerán a súa carreira, e que atoparán a súa inspiración na persoa de Daniel Vázquez Díaz, mestre de moitos dos seus compañeiros e amigos, que buscaba unha nova expresión sincera e contemporánea para a escultura.
Estas premisas, serán asumidas por Cristino Mallo que exporá, como podemos ver, unha obra que mira tanto á tradición como á modernidade. Esta escultura de liñas limpas e definidas, prescinde de todo ornato ou floreo, fomentando a intensa condición do mármore branco no que se representa a unha muller arcaizante e arquetípica de anatomía maciza que nos remite a escultura pre-clásica, afastándose de convencionalismos académicos en beneficio dunha modernidade, desatada, por exemplo, na forma na que agarra e destácase o peixe que sostén sobre o peito, coa súa man dereita.