Sala VI

Estío

XAIME QUESSADA

Ourense, 1937 – 2007
6358 – Estío
1959. ÓLEO/LENZO

Nado en Ourense ao ano seguinte do estoupido da guerra civil, foi un artista prolífico que de cativo amosou interese polas artes, tomando as primeiras clases de debuxo na Escola de Artes e Oficios da súa vila natal.

Nado en Ourense ao ano seguinte do estoupido da guerra civil, foi un artista prolífico que de cativo amosou interese polas artes, tomando as primeiras clases de debuxo na Escola de Artes e Oficios da súa vila natal.

En 1956 ingresa na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid onde comeza tamén a súa militancia política. Dende finais dos anos cincuenta a mediados dos sesenta, sucédese nun frenético ir e vir, viaxando por numerosos países europeos nos que realiza exposicións, e deixándose influenzar polas distintas corrientes, técnicas e movementos artísticos. A súa obra contén grande influxo de Picasso. O seu inesgotable desexo descubridor lévalle a aprezar o muralismo de Siqueiros, a pintura abstracta, a neofiguración de Francis Bacon, o colorido expresionista de Chagall, o pop art e o conceptualismo.

Estío corresponde aos últimos anos de estudante en Madrid. Tecnicamente está executado con arcaísmo lumínico e, como apuntan algúns investigadores, cun difuso leonardismo que expresa certo misterio intimista, todo plasmado cunha paleta cromática que palidece entre grises e ocres. Neste óleo aprézanse influenzas da súa viaxe a París en 1959 pola pegada que lle deixaron as figuras lánguidas da etapa azul de Picasso do cal, a partir de 1972, tomará a dobre “ese” da súa firma: “Quessada”.

Este lenzo resultou gañador da III Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Barcelona de 1960, que estivo dez anos exposta no antigo Museo de Arte Contemporánea de Madrid ata que pasou a formar parte dos fondos actuais do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid.

Audioguía

Estío | 6358 - Xaime Quessada